7/5/07

Cea presentación UPRi

O prometido é débeda. Aquí van algunhas imaxes anecdóticas. Non tomei ningunha foto durante a cea, polo que haberá que contalo polo xeito tradicional. A cómida, como moitos xa sabedes, celebrouse no restaurante 'Casa Foguete' en Vilaframil. A asistencia sería según calculos botados a ollo de bon cubeiro dun total de 160 persoas, candidatos incluídos, é dicir, o aforo total do comedor.

Logo dunha abundante e rica comida, falou o noso amigo Rivas - corrixo, leu un papel, non orou, atrás quedan xa os bos oradores e os anos 20 - e presentounos a lista. Despois repartiron uns agasallos (un prato para as damas, pois estaba preto o Día da nai, e uns chaveiros de tres curiosas cores, adxunto imaxe):



Non vos lembra... a algún símbolo?





Díxo o candidato "promesa" que cada un o interpretara como quixera. Soame a mofa ou intentona de proselitismo barato.

Como xa dixen foi moita xente á cea. A que cabe atribuir este éxito? Á popularidade de Rivas? Pode ser. Á formula utilizada? Aquí quero facer fincapé, pois esta fórmula de "unión popular" é interesante. Polo ben do pobo, que é mellor: a ideoloxía única (refírome á democracia) ou olvidarnos das ideoloxías e as "representacións" e pasar ao participacionismo. Esquecernos destas ideoloxías e retomar unha cosmovisión que quixeron relegar. Eu opto pola segunda opción, sen dúbida. O que está claro é que unha das dúas prevalecerá, pois a postmodernidade, esa oscura etapa de interregno non durará eternamente.

No hay comentarios: