12/5/07

Depósitos e documentais

Acabo de enterarme de que se está empezando a recuperar o depósito de Folgosa, para non ter que usar auga clorada para limpeza de rúas e para apagar o lume. Disque as obras estarán rematadas a vindeira semana, a ver se este luns me achego pedaleando cara aló e tomo algunhas fotografías.

Hoxe poderase ver o documental China Blue que se proxectará na Casa das Letras, en Ribadeo. Será ás 19:00. Procurarei asistir e a ver se introduzco unha entrada a modo de crítica, ainda que non me gustan as criticas artísticas, con fotos.

No hay comentarios: