19/5/07

Viaxe ao Parque Nacional de Somiedo. Rececho Selectivo de Rebeco. Reportaxe II.

Seguimos con algunhas outras fotos da viaxe a Somiedo.


A primeira foto é unha vista do val que me gustou moito polos seus claroscuros, quizais ten demasiado "ruido".










Segunda foto, vese mal porque foi sacada con pouquísima resolución e cun apaño cos prismáticos. Pero o paxaro que se ve é un "roquero rojo"*. De canto moi parecido ao merlo, máis fermoso, e de cores moi vivas. Só habita en montaña.










Nesta foto unha collalba**, paxaro tamén de montaña. Foto tomada coa axuda dun catalexo con trípode.















Se premedes na fotografía e ampliades poderedes ver dúas femias ,con cadansúa cría, de rebeco.













Anoitecer, xa recollíamos, maldicindo á sorte por que non írmonos cas mans valeiras.





* Poño o nome en castelán pois non sei o seu nome en galego, se algún internauta o sabe pode colaborar, agradeceríallo. O seu nome na nomenclatura binominal é Monticola saxatilis.

** Con este paxaro ocorre o mesmo.




----
Presentación de hoxe (pps). Reclamando unha rúa en Madrid para dous heroes da Guerra Civil esquecidos. Moi recomendable. Difundídea.

No hay comentarios: