12/5/07

China Blue




Como xa adiantei en outras entradas, hoxe proxectouse o documental China Blue. Malia a introdución realizada por unha obcecada feminista, que logrou xuntar todos os tópicos do seu pensamento nuns minutos*, a visión do documental resultou excelente. Amosou as precarísimas condicións laborais da China, co seu pintoresco cóctel roxo-capitalista. Destacar por exemplo os salarios mensuais que na maioría dos casos eran inferiores aos 50 €, considerando isto que as horas de descanso ao día eran, cando máis, 4 e que as comidas son descontadas. E para teren un caldeiro de auga quente teñen que traballar dúas horas, pois costa un yuan (aproximadamente 10 ctos. de euro). Foi todo o documental unha chamada ao consumo responsable. Non direi nada máis, só vos invito a que o vexades, esta vez si, sen feminismo.

Póñovos fotos e as imaxes escaneadas duns papeis que nos derón, só de algúns.



* Será porque o pensamento non é moi amplo?

No hay comentarios: