9/5/07

Mensaxes urbanas, cultura de masas e politiquería.

Abro a mensaxe de hoxe cunha foto que di abondo por si soa. É unha vista do pavillón dun dos nosos colexios públicos. E así é como entre materia e materia os nosos pequenos se van educando e elevando espiritualmente.
Legalice!! di. Aínda por riba non está na nosa lingua, se isto fose o "Principat" xa non ousarían. Pero ben.... supoño que xa pensarían en que o pavillón debería servir como galería de arte moderno, cousas peores se viron nos museos de arte contemporáneo.



A seguinte imaxe é moi curiosa. Algún
"activista" anarquista encochou as paredes do estadio municipal de deportes, lese ben claro o que pon. Pero parece que ao noso tenente de alcalde non lle quedou claro, terán que repetilo.

Unha reflexión debemos facer sobre o lema da campaña - "pensado para ti". Quen é ese ti? Serei eu? Non, rotundamente, as estrelas de cinco puntas vermellas son repelidas por min. Será o autor da pintada? Podo aventurarme a dicir que non non quere "nin deus nin amo". Por último, unha invitación a pensar: será vostede? A pregunta queda aí.

Pode que hoxe ou mañá faga unha reportaxe sobre algúns defectos do centro, así como do "tufismo" aquí en Ribadeo.

No hay comentarios: