25/11/05

Cinensino

Isto do cinensino... non sei, cheirame algo mal. Digo isto e venseme a cabeza o novo proxecto de Ley Orgánica de Educación. O do cinensino ven a conto da drogodependencia, fannos ver unha película que leva impresa subxectivamente unha mensaxe contra as drogas. Diversión educativa ou... a educación como se fose un xogo?. Despois dun curso puiden ver os efectos deste curioso “experimento sociolóxico” e estes son realmente nulos. Os alumnos miran máis a mensaxe obxetiva que a subxectiva e, se atenden a película, non lles serve para nada porque algúns xa as consumen (non vou nomear a ningúen) e o refrán de “vale máis prevenir que curar” xa non é aplicable. O da nova Ley Orgánica de Educación tamén me cheira un chisco mal. Debates sobran sobre iso e non vou falar pero... porque cando aparece algo deste xeito sempre aparecen “médicos” que saiban diagnosticar os males de España?

21/11/05

Galeguizando aínda máis

Sí, pódese galeguizar aínda máis. A nosa lingua, o galego, estase a usar ultimamente como instrumento político, e digo isto porque se alguén recorda a Avda. de Galicia, aínda non hai moito tempo que se chamaba así, agora, e supoño que xa hai un tempo pero eu non reparara niso, chamase Avda. de Galiza. É unha pena que a nosa lingua, tantas veces recoñecida pola Historia, se use agora como imán para votantes. Que queren conseguir con iso? Queren dividir o que non puido dividir o tempo, é dicir, a vila ribadense? Queren distinguir dous tipos de ribadenses, os de Galicia e os de Galiza? Ben, porque non reparamos en que todo esta demasiado galeguizado e ata aquí chegamos. Eu sempre fun de Galicia e o resto de galegos tamén. Entón, por que agora teño que ser de Galiza? A nosa lingua precisa volver ser aquela lingua de tódolos galegos e non só duns poucos. Se seguen ca idea de que dividindo se une aínda máis non chegarán moi lonxe. Se eles teñen as súas ideas, pois paréceme moi ben, pero que non nolas impoñan os demais. Eles que tanto aman a democracia quérenos impoñer a súa cultura, poderíase chamar fascismo cultural. A única maneira de unir é unindo e non separando.

18/11/05

ENCIGA

Pois ben, O XVIII congreso de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) vaise celebrar, e se o tempo ou o alcalde nono impide, no IES Porta da auga. Celebrarase durante a tarde deste xoves (17 de novembro), toda a xornada do venres (por mor diso non se impartira clase este día) e a mañá do sábado.Celebraranse conferencias, mesas redondas exposicións… “Que ben se vive cando se vive ben” diredes vós porque vacas os alumnos e vacas para os profesores, xa volve saír o nome do noso “omnipresente alcalde” aquí. O noso rexente gobernante, meterase nisto tamén?, terán que saltar os profesores tamén no instituto?, pintará o alcalde raias vermellas e brancas para ir dunha aula a outra? Deus queira que non.

Centro Comercial Pechado

Que tempos aqueles nos que as estradas eran rasas e non había que facer malabarismos para circular polas rúas de Ribadeo como se de corredoiras se tratase. Primeiro chegaron as bandas a cada lado dos pasos de peóns, logo os pasos de peóns vermellos e brancos que o alcalde nos regalou para que Ribadeo “non pase de moda” e agora as ramplas de pista de patinaxe que o alcalde, no seu máximo expoñente de amabilidade, nos deu, e por riba seguro que “de balde”. Todo isto para que para “favorecer” aínda máis ó Centro Comercial Aberto, iso era antes agora debe ser pechado. Cambios no sentido de circulación nas rúas, saltos, pasos de peóns máis coloridos, aumentos dos aparcadoiros (iso si, a costa do parque) e agora os pasos de peóns elevados isto non ten fin pero... a onde quere chegar este o noso alcalde? Entra todo acaso no seu plan divino para pechar o Aberto e abrir o pechado. Despois de todas estas reformas o alcalde xa pode dicir que fixo algo, se está ben ou mal non é competencia miña decidilo senón dos ribadenses.

Hollywood volve por nós.

Hoxe quero dar a miña desaprobación sobre unha producción de Hollywood, a película en cuestión xa se estreou no noso país hai unha semana. Teño que admitir que esta entrada xa é anacrónica, pero seguindo ca miña queixa... a película chamada “A lenda do Zorro continúa” (La leyenda del zorro continúa) dá dun xeito subliminar (non sei se este será o termo axeitado pero en todo caso tomádeo a modo de ironía) da Igrexa Católica en xeral e dos españois en particular. Amósase a un Imperio Español en decadencia que oprime ós habitantes das colonias americanas, na película só se fala de California pero dá a entender unha idea máis global, e que os escraviza. Nela o Zorro é o bo da película que está do bando dos bos, na película os Estados Unidos de América, que libra ó pobo de California dos “opresores” españois e lles axuda a formar parte dos E.E.U.U. A Igrexa Católica tamén ten un papel importante, pois o que actúa de malo di “matar en nome de Deus”. Que quede claro a idea que ten Hollywood de nós.

14/11/05

Google tamén está con nós

Xa está a nova entrada en google, para vela só tedes que escribir: "O outro Ribadeo" no buscador google. Se sodes tan vagos como para escribido pois clicade aquí.

10/11/05

REFLEXIÓN DUN NOME

O outro día visitei o blog dun amigo meu. É un blog que acaba de comezar coma este que estades a visitar. Por iso dende aquí quería facer un chamamento a todos aqueles ós que lles interesa a política de Ribadeo, Galicia e España dende a óptica máis “conservadora”. Ollo que dixen “conservadora” e teñan moi en conta isto e, se os que visiten a páxina e non teñen esa visión “conservadora” poden acabar coléricos.

Ben, chegados a este punto preguntaranse que ten que ver o título da entrada con todo isto, pois en realidade moito. O título do blog é que a súa vez está relacionado coa dirección URL do blog (http://rigaespolitica.blogspot.com) e coa descrición que aparece no encabezamento do blog: “En este blog encontrará todo lo referente a política de Ribadeo,Galicia y España”. Se chegaches ata aquí lendo terás unha visión máis ou menos “global” sobre o blog “de marras”. Ben, se volvedes ler outra vez o enunciado que di: “O título do blog...” ( o segundo enunciado deste parágrafo) darase conta de que existe unha conexión entre o título, a dirección e a descrición, senón vos distedes conta eu explícovolo: Rigaesp o resultado de xuntar as dúas primeiras letras de RIbadeo, GAlicia e ESpaña máis a inicial de Política. Se reparamos na etimoloxía das palabras anteriores: Ribadeo provería de “ripa-de-uve”; Galicia, de Gallaecia; España, de Hispania e política, do latín politicu< polis="cidade." Rigaesp en caso de ter esa gran óptica “conservadora”.

9/11/05

CONTINUACIÓN DUNHA ENTRADA XA PUBLICADA

Para todos aqueles que son xa habituais nesta páxina, esta nova é a secuela dunha entrada que publicara fai uns días. Esta entrada titúlase "Armados ata os dentes", para os que non entraron nunca pois poden ver a entrada pulsando neste enlace Armados ata os dentes. E, por último, para os que non teñen tempo nin ganas para pulsar o enlace dígolles que trata sobre que atopáronse uns cartuchos de munición pertencentes a mediados do século pasado. Pois ben, atopáronse agora 3 fusiles (todo parece apuntar a que teñen relación co alixo de munición), dous deles atopados por un veciño de "As Figueiras" que os atopou practicando pesca submarina. Atopáronse, como xa se poden supoñer, na ría (a altura de As Figueiras). Trátase dun fusil Mauser e outros dous máis modernos pero anteriores á decada dos 60 do século pasado.

3/11/05

Entroido… ribadense?

Rodil retirase da organización do Entroido en Ribadeo, xa é oficial, e con el o tempo de ledicia que pasamos cada ano nestas datas de febreiro. E digo isto non por ser pesimista nin por chafárvolas festas, ós feitos me limito, nin tampouco dun xeito soamente profético. Chegados a este punto, no que a anterior organización xa tiña vendidas un gran número de rifas, ninguén se fixo cargo da organización para o vindeiro ano. Tendo en conta isto, e tamén que o Entroido en Ribadeo con a última (e digo última e non derradeira) comisión xa supera a maioría de idade, eu chamo a toda a sociedade “ribadense” para que aqueles que queiran facer algo por que esta festa perdure e non quede en fume todo que poñan todo da súa parte e nos dean unha alegría. Malo será que entre a nosa vila,caracterizada por saír a diante sempre fosen cales fosen ós obstáculos que se lles puxeran de fronte, non saia un heroe que salve este importante acontecemento, que o é non só para Ribadeo senón para toda A Mariña. Todo aquel destro que estea pensando en saír a praza e empezala lidia dígolle que nono dubide máis e, seguindo co símil taurino, vaia “ó touro”. E como diría o noso home do tempo meteorolóxico(Ben, o de lóxico non sei se será verdade): “Boas noites e ata mañá”.

1/11/05

EÓLICA XORNADA

Hoxe, día de Tódolos Santos, ou mellor dito de tódolos ventos, porque a cousa non era para menos. Os que asistiron o cemiterio de Ribadeo puideron ver como centros florais e ramos, feitos con moito cariño todo hai que dicilo, estaban tirados polo chan e cunha flor alí e outra acolá. Logo ó “escoitar” os responsos do cura, o de escoitar é un falar porque estes ventos ademais de ser festeiros tamén eran “cacos”, e digo isto porque as palabras do cura parecían que non se producían. Os ventos como xa dixen eran festeiros e inducían á sotana do cura, que non facía máis que revolverse, a esta particular festa. Unha pena todo. O que si se oía era o ruído que facían as moedas, e digo moedas porque billetes non se viron moito, ó pasar o cepillo. Ben parece que ata para isto temos que andar con “OLLO. Terá que ver isto co comezo da Volvo Ocean Race, que será o próximo 12 de novembro.