23/5/07

Néboa




Néboa, néboa mesta a de hoxe. Todo iso crea unha atmósfera de ceguedade. Unha sensación de confusión, como a que se ten en cada tanda electoral, en cada festividade, con xogos e votacións incluidas.

Chegou a última semana de campaña. Todo o mundo está a pensar, a dubidar. Todos están como o merlo da fotografía: quedos, pensando, imaxinando quizáis un mundo mellor, un Ribadeo bo que legar aos seus fillos. Ou.... poida que non..... Non, definitivamente, esas cousas só as fan os merlos. Os humanos perderon o idealismo.

Polo resto, non moito máis que dicir. Xa levaba tempo sen actualizar.

No hay comentarios: