18/11/05

Hollywood volve por nós.

Hoxe quero dar a miña desaprobación sobre unha producción de Hollywood, a película en cuestión xa se estreou no noso país hai unha semana. Teño que admitir que esta entrada xa é anacrónica, pero seguindo ca miña queixa... a película chamada “A lenda do Zorro continúa” (La leyenda del zorro continúa) dá dun xeito subliminar (non sei se este será o termo axeitado pero en todo caso tomádeo a modo de ironía) da Igrexa Católica en xeral e dos españois en particular. Amósase a un Imperio Español en decadencia que oprime ós habitantes das colonias americanas, na película só se fala de California pero dá a entender unha idea máis global, e que os escraviza. Nela o Zorro é o bo da película que está do bando dos bos, na película os Estados Unidos de América, que libra ó pobo de California dos “opresores” españois e lles axuda a formar parte dos E.E.U.U. A Igrexa Católica tamén ten un papel importante, pois o que actúa de malo di “matar en nome de Deus”. Que quede claro a idea que ten Hollywood de nós.

No hay comentarios: