18/11/05

Centro Comercial Pechado

Que tempos aqueles nos que as estradas eran rasas e non había que facer malabarismos para circular polas rúas de Ribadeo como se de corredoiras se tratase. Primeiro chegaron as bandas a cada lado dos pasos de peóns, logo os pasos de peóns vermellos e brancos que o alcalde nos regalou para que Ribadeo “non pase de moda” e agora as ramplas de pista de patinaxe que o alcalde, no seu máximo expoñente de amabilidade, nos deu, e por riba seguro que “de balde”. Todo isto para que para “favorecer” aínda máis ó Centro Comercial Aberto, iso era antes agora debe ser pechado. Cambios no sentido de circulación nas rúas, saltos, pasos de peóns máis coloridos, aumentos dos aparcadoiros (iso si, a costa do parque) e agora os pasos de peóns elevados isto non ten fin pero... a onde quere chegar este o noso alcalde? Entra todo acaso no seu plan divino para pechar o Aberto e abrir o pechado. Despois de todas estas reformas o alcalde xa pode dicir que fixo algo, se está ben ou mal non é competencia miña decidilo senón dos ribadenses.

No hay comentarios: