3/11/05

Entroido… ribadense?

Rodil retirase da organización do Entroido en Ribadeo, xa é oficial, e con el o tempo de ledicia que pasamos cada ano nestas datas de febreiro. E digo isto non por ser pesimista nin por chafárvolas festas, ós feitos me limito, nin tampouco dun xeito soamente profético. Chegados a este punto, no que a anterior organización xa tiña vendidas un gran número de rifas, ninguén se fixo cargo da organización para o vindeiro ano. Tendo en conta isto, e tamén que o Entroido en Ribadeo con a última (e digo última e non derradeira) comisión xa supera a maioría de idade, eu chamo a toda a sociedade “ribadense” para que aqueles que queiran facer algo por que esta festa perdure e non quede en fume todo que poñan todo da súa parte e nos dean unha alegría. Malo será que entre a nosa vila,caracterizada por saír a diante sempre fosen cales fosen ós obstáculos que se lles puxeran de fronte, non saia un heroe que salve este importante acontecemento, que o é non só para Ribadeo senón para toda A Mariña. Todo aquel destro que estea pensando en saír a praza e empezala lidia dígolle que nono dubide máis e, seguindo co símil taurino, vaia “ó touro”. E como diría o noso home do tempo meteorolóxico(Ben, o de lóxico non sei se será verdade): “Boas noites e ata mañá”.

1 comentario:

Roberto Iza Valdés dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.