SMS
Acabo de ver esta mensaxe instantanea nun teléfono móvil:
"MITIN 'UPRI'
Auditorio Municipal de Ribadeo, viernes 18 a las 21:30 h. Te esperamos. Reenuialo."
De Ribadeo todo o que acontece nel dende un punto de vista obxectivo
Acabo de ver esta mensaxe instantanea nun teléfono móvil:
"MITIN 'UPRI'
Auditorio Municipal de Ribadeo, viernes 18 a las 21:30 h. Te esperamos. Reenuialo."
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Como xa adiantei en outras entradas, hoxe proxectouse o documental China Blue. Malia a introdución realizada por unha obcecada feminista, que logrou xuntar todos os tópicos do seu pensamento nuns minutos*, a visión do documental resultou excelente. Amosou as precarísimas condicións laborais da China, co seu pintoresco cóctel roxo-capitalista. Destacar por exemplo os salarios mensuais que na maioría dos casos eran inferiores aos 50 €, considerando isto que as horas de descanso ao día eran, cando máis, 4 e que as comidas son descontadas. E para teren un caldeiro de auga quente teñen que traballar dúas horas, pois costa un yuan (aproximadamente 10 ctos. de euro). Foi todo o documental unha chamada ao consumo responsable. Non direi nada máis, só vos invito a que o vexades, esta vez si, sen feminismo.
Póñovos fotos e as imaxes escaneadas duns papeis que nos derón, só de algúns.
* Será porque o pensamento non é moi amplo?
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Análise política, Cultura, recomendacións, Ribadeo
Acabo de enterarme de que se está empezando a recuperar o depósito de Folgosa, para non ter que usar auga clorada para limpeza de rúas e para apagar o lume. Disque as obras estarán rematadas a vindeira semana, a ver se este luns me achego pedaleando cara aló e tomo algunhas fotografías.
Hoxe poderase ver o documental China Blue que se proxectará na Casa das Letras, en Ribadeo. Será ás 19:00. Procurarei asistir e a ver se introduzco unha entrada a modo de crítica, ainda que non me gustan as criticas artísticas, con fotos.
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Cultura, recomendacións, Ribadeo
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Ribadeo
Un día calquera imos camiñando pola rúa. De súpeto, percibimos un cheirume. Seguimos andando, o cheirume faise máis forte. Levados pola nosa curiosidade, dirixímonos cara a orixe do olor. A nosa sorpresa chega cando vemos o que producía o noxento e nauseabundo cheiro: un camión de recollida de lixo. Mirando ao noso redor, vendo o entorno no que nos atopabamos - en zona escolar e deportiva, un sitio moi concurrido - a nosa sorpresa foi medrando. Ata que a cousa nos pareceu normal cando lembramos que nos atopabamos en Ribadeo, e que aquí "cada un paga o seu". Pobres cativiños, teñen que aguantar ese cheiro nos seus recreos. Incluso cando facía nada estaban comendo. Vergonza é o que se me ven á cabeza con isto.
Incluso en épocas electoriais Ribadeo sigue igual, incluso cando o camión se atopa a menos de trinta metros da nova vivenda do noso estimado rexedor. (Esquecíao, este non é un factor relevante, todos somos iguais - igual de víctimas - ante a lei e a estupidez).
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Análise política, Eleccións, Ribadeo
Abro a mensaxe de hoxe cunha foto que di abondo por si soa. É unha vista do pavillón dun dos nosos colexios públicos. E así é como entre materia e materia os nosos pequenos se van educando e elevando espiritualmente.
Legalice!! di. Aínda por riba non está na nosa lingua, se isto fose o "Principat" xa non ousarían. Pero ben.... supoño que xa pensarían en que o pavillón debería servir como galería de arte moderno, cousas peores se viron nos museos de arte contemporáneo.
A seguinte imaxe é moi curiosa. Algún
"activista" anarquista encochou as paredes do estadio municipal de deportes, lese ben claro o que pon. Pero parece que ao noso tenente de alcalde non lle quedou claro, terán que repetilo.
Unha reflexión debemos facer sobre o lema da campaña - "pensado para ti". Quen é ese ti? Serei eu? Non, rotundamente, as estrelas de cinco puntas vermellas son repelidas por min. Será o autor da pintada? Podo aventurarme a dicir que non non quere "nin deus nin amo". Por último, unha invitación a pensar: será vostede? A pregunta queda aí.
Pode que hoxe ou mañá faga unha reportaxe sobre algúns defectos do centro, así como do "tufismo" aquí en Ribadeo.
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Análise política, Eleccións, Ribadeo
Xa van uns cantos tediosos meses de obras en Ribadeo. Hai unha anécdota sobre Madrid e as súas obras, contan que un coñecido actor dixo algo así como que cando os de Madrid encontrasen o que buscaban ían poñerse moi contentos, algo así podemos dicir de Ribadeo. Ainda que agora parece que estará todo moito máis calmo, non pararon ata levantar case todo o Concello.
Unhas fotos dunhas obras xa rematadas:
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Ribadeo
O prometido é débeda. Aquí van algunhas imaxes anecdóticas. Non tomei ningunha foto durante a cea, polo que haberá que contalo polo xeito tradicional. A cómida, como moitos xa sabedes, celebrouse no restaurante 'Casa Foguete' en Vilaframil. A asistencia sería según calculos botados a ollo de bon cubeiro dun total de 160 persoas, candidatos incluídos, é dicir, o aforo total do comedor.
Logo dunha abundante e rica comida, falou o noso amigo Rivas - corrixo, leu un papel, non orou, atrás quedan xa os bos oradores e os anos 20 - e presentounos a lista. Despois repartiron uns agasallos (un prato para as damas, pois estaba preto o Día da nai, e uns chaveiros de tres curiosas cores, adxunto imaxe):
Non vos lembra... a algún símbolo?
Díxo o candidato "promesa" que cada un o interpretara como quixera. Soame a mofa ou intentona de proselitismo barato.
Como xa dixen foi moita xente á cea. A que cabe atribuir este éxito? Á popularidade de Rivas? Pode ser. Á formula utilizada? Aquí quero facer fincapé, pois esta fórmula de "unión popular" é interesante. Polo ben do pobo, que é mellor: a ideoloxía única (refírome á democracia) ou olvidarnos das ideoloxías e as "representacións" e pasar ao participacionismo. Esquecernos destas ideoloxías e retomar unha cosmovisión que quixeron relegar. Eu opto pola segunda opción, sen dúbida. O que está claro é que unha das dúas prevalecerá, pois a postmodernidade, esa oscura etapa de interregno non durará eternamente.
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Análise política, Eleccións, Ribadeo
Empeza xa o rumbo cara as eleccións municipais en Ribadeo, uns din que hoxe outros que o día 11, non o sei de certo. Algúns foron moi madrugadores, empapelando ribadeo días antes de que comezase oficialmente a campaña (sonoro abucheo).
Outros empezaron co engado culinario (hoxe á noite é a cea de UPRi, á que eu asistirei, a ver se traio algunha foto de familia).
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Análise política, Eleccións, Ribadeo
Recoméndovos o excelente blog cultural dun amigo meu: Romanticismo y Tradición. Unha páxina adicada a recordar todos os aspectos da cosmovisión romántica, así como darlle máis soa a artistas pouco coñecidos.
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: recomendacións