9/5/07

Tufismo

Un día calquera imos camiñando pola rúa. De súpeto, percibimos un cheirume. Seguimos andando, o cheirume faise máis forte. Levados pola nosa curiosidade, dirixímonos cara a orixe do olor. A nosa sorpresa chega cando vemos o que producía o noxento e nauseabundo cheiro: un camión de recollida de lixo. Mirando ao noso redor, vendo o entorno no que nos atopabamos - en zona escolar e deportiva, un sitio moi concurrido - a nosa sorpresa foi medrando. Ata que a cousa nos pareceu normal cando lembramos que nos atopabamos en Ribadeo, e que aquí "cada un paga o seu". Pobres cativiños, teñen que aguantar ese cheiro nos seus recreos. Incluso cando facía nada estaban comendo. Vergonza é o que se me ven á cabeza con isto.




Incluso en épocas electoriais Ribadeo sigue igual, incluso cando o camión se atopa a menos de trinta metros da nova vivenda do noso estimado rexedor. (Esquecíao, este non é un factor relevante, todos somos iguais - igual de víctimas - ante a lei e a estupidez).

No hay comentarios: