Debate II
Pois, semella que por unha confusión de horarios, non puiden asistir ao debate. Sempre me queda o consolo de que non me perdín nada.
De Ribadeo todo o que acontece nel dende un punto de vista obxectivo
Pois, semella que por unha confusión de horarios, non puiden asistir ao debate. Sempre me queda o consolo de que non me perdín nada.
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Análise política, Eleccións, recomendacións, Ribadeo
Hoxe celébrase o debate electoral a partir das nove e cuarto, no auditorio municipal "Hernán Naval". É probable que asista, neste acto non sei se pagan 20 € e unha camiseta por ir, aplaudir e abanear a bandeiriña. Si, todo isto e moito máis pode ocorrer en Ribadeo. De feito, xa ocorreu, no último mitín do BNG deuse iso aos rapaces para que asistisen. Como non, todo baixo o lema de "O BNG coa mocidade" (sic).
Farei un comentario do debate.
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Análise política, Eleccións, recomendacións, Ribadeo
Néboa, néboa mesta a de hoxe. Todo iso crea unha atmósfera de ceguedade. Unha sensación de confusión, como a que se ten en cada tanda electoral, en cada festividade, con xogos e votacións incluidas.
Chegou a última semana de campaña. Todo o mundo está a pensar, a dubidar. Todos están como o merlo da fotografía: quedos, pensando, imaxinando quizáis un mundo mellor, un Ribadeo bo que legar aos seus fillos. Ou.... poida que non..... Non, definitivamente, esas cousas só as fan os merlos. Os humanos perderon o idealismo.
Polo resto, non moito máis que dicir. Xa levaba tempo sen actualizar.
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Primeira fotografía, Ribadeo sen autovía aínda.
Segunda, crrcunvalación en obras.
====================================================================
P.D. Isto só é unha viaxe virtual no tempo, as imaxes non se corresponde á actualidade, por pouco. ;-)
Por certo, chegamos ás 300 visitas (dende que se puxo o novo contador).
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Seguimos con algunhas outras fotos da viaxe a Somiedo.
A primeira foto é unha vista do val que me gustou moito polos seus claroscuros, quizais ten demasiado "ruido".
Segunda foto, vese mal porque foi sacada con pouquísima resolución e cun apaño cos prismáticos. Pero o paxaro que se ve é un "roquero rojo"*. De canto moi parecido ao merlo, máis fermoso, e de cores moi vivas. Só habita en montaña.
Nesta foto unha collalba**, paxaro tamén de montaña. Foto tomada coa axuda dun catalexo con trípode.
Se premedes na fotografía e ampliades poderedes ver dúas femias ,con cadansúa cría, de rebeco.
Anoitecer, xa recollíamos, maldicindo á sorte por que non írmonos cas mans valeiras.
* Poño o nome en castelán pois non sei o seu nome en galego, se algún internauta o sabe pode colaborar, agradeceríallo. O seu nome na nomenclatura binominal é Monticola saxatilis.
** Con este paxaro ocorre o mesmo.
----
Presentación de hoxe (pps). Reclamando unha rúa en Madrid para dous heroes da Guerra Civil esquecidos. Moi recomendable. Difundídea.
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Ciencia, Sendeirismo
Vou poñer algunhas fotos dun viaxe que realizamos eu e meu pai a Saliencia (P. N. de Somiedo) a recechar un rebeco selectivo (ruin, non pode ser un trofeo) macho. Recordade a licenza Creative Commons.
1ª foto: Saliencia. Lugar onde nos hospedamos.
2ª:
Un dos picos aos que subimos o primeiro día, a uns 1700 metros de altitude. Subido a pe e con varias voltas. 12 horas andamos por el.
3ª: Vista do val.
4ª: Un dos 'Lagos de Saliencia'.
----
Unha curiosidade que acabo de ver en 'El Manifiesto', unha presentación (en pps), de moito humor. Na próxima entrada (hoxe ou mañá) poñerei máis fotos e outra presentación, esta vez máis seria.
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Acabo de ver esta mensaxe instantanea nun teléfono móvil:
"MITIN 'UPRI'
Auditorio Municipal de Ribadeo, viernes 18 a las 21:30 h. Te esperamos. Reenuialo."
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Como xa adiantei en outras entradas, hoxe proxectouse o documental China Blue. Malia a introdución realizada por unha obcecada feminista, que logrou xuntar todos os tópicos do seu pensamento nuns minutos*, a visión do documental resultou excelente. Amosou as precarísimas condicións laborais da China, co seu pintoresco cóctel roxo-capitalista. Destacar por exemplo os salarios mensuais que na maioría dos casos eran inferiores aos 50 €, considerando isto que as horas de descanso ao día eran, cando máis, 4 e que as comidas son descontadas. E para teren un caldeiro de auga quente teñen que traballar dúas horas, pois costa un yuan (aproximadamente 10 ctos. de euro). Foi todo o documental unha chamada ao consumo responsable. Non direi nada máis, só vos invito a que o vexades, esta vez si, sen feminismo.
Póñovos fotos e as imaxes escaneadas duns papeis que nos derón, só de algúns.
* Será porque o pensamento non é moi amplo?
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Análise política, Cultura, recomendacións, Ribadeo
Acabo de enterarme de que se está empezando a recuperar o depósito de Folgosa, para non ter que usar auga clorada para limpeza de rúas e para apagar o lume. Disque as obras estarán rematadas a vindeira semana, a ver se este luns me achego pedaleando cara aló e tomo algunhas fotografías.
Hoxe poderase ver o documental China Blue que se proxectará na Casa das Letras, en Ribadeo. Será ás 19:00. Procurarei asistir e a ver se introduzco unha entrada a modo de crítica, ainda que non me gustan as criticas artísticas, con fotos.
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Cultura, recomendacións, Ribadeo
Publicado por
Ipero92
En 'O outro Ribadeo'.
Ligazón permanente. Prema aquí para que esta entrada se vexa soa.
0
comentarios
Etiquetas: Ribadeo