7/12/06

É de lei

É de lei obedecer a ésta. É de lei e, ademais, de Perogrullo. Fíxome moita graza poder ver un cartel deses de "espazo sen fume". Non quero lembrar o lugar onde estaba situado. Nin tampouco intentar saber de quen foi a culpa, se foi da administración sería catastrófico. Dicía o cartel:

Respetar los espacios sin humo es de ley.

Respeta-los espazos sen fume ES DE LEI.

ESPAZO SEN FUME


Se isto fose por mor da administración que redactou mal o papel deberíamos preguntarnos: Qui prodest? Aos galegos non, dende logo.

Isto non é tan grave se lembramos de novo que as patrias xa non existen, que é cousa propia de "burgueses", xente - segundo din - perversa, sen escrúpulos e vendida ao diñeiro.

3/2/06

Ría do Eo?

A metedura de zoca do "Excmo. Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño" merece o calificativo de atentado lingüístico. Tan grande foi o erro que ata o noso Sr. Alcalde se molestou en facer algo. Por qué diría ría do Eo? Terá que rendir contas a Areces? Sen embargo eu non estou molesto polo que dixo ou fixo ese señor pois a súa opinión produce en mín o mesmo efecto que as tertulias da prensa rosa: impasibilidade. Pero aínda así a ousadía do Sr. Presidente foi grande. Ben, espero que non se volva a repetir. Ah, que se me esquecía: xa temos 400 visitas pulsa aqui para comprobalo

19/1/06

Unha pequena aclaración: xa acadamos as 325 visitas. Dou gracias a todos aqueles que, aínda sendo poucos, seguen apoiándonos. Para comprobar as estadísticas

5/12/05

Tanto monta…

“Tanto monta, monta tanto Balbino como Fernando”, bonito slogan para a seguintes eleccións. Isto, por se alguén non o recorda, era a mensaxe que rezaba unha pancarta colocada no Entroido do 2004, o Entroido seguinte ás pasadas eleccións. O dito moi descamiñado non vai e agora que están de moda iso das coalicións, tamén se poñerá de moda o dito? Dende logo a comparanza de Balbino e Fernando con os Reis Católicos é unha atrocidade. Entón, segundo isto, Fernando sería, Fernando II; Balbino, Isabel I e...quen sería Xoana a Beltranexa? quizais Andina? Se Balbino e Fernando (chamareilles de aquí en adiante: os católicos), se os católicos son como a auga e o chapapote, por que insisten en rebaixar a “crispación política”? Dende logo... pero,quén manda aquí?

25/11/05

Cinensino

Isto do cinensino... non sei, cheirame algo mal. Digo isto e venseme a cabeza o novo proxecto de Ley Orgánica de Educación. O do cinensino ven a conto da drogodependencia, fannos ver unha película que leva impresa subxectivamente unha mensaxe contra as drogas. Diversión educativa ou... a educación como se fose un xogo?. Despois dun curso puiden ver os efectos deste curioso “experimento sociolóxico” e estes son realmente nulos. Os alumnos miran máis a mensaxe obxetiva que a subxectiva e, se atenden a película, non lles serve para nada porque algúns xa as consumen (non vou nomear a ningúen) e o refrán de “vale máis prevenir que curar” xa non é aplicable. O da nova Ley Orgánica de Educación tamén me cheira un chisco mal. Debates sobran sobre iso e non vou falar pero... porque cando aparece algo deste xeito sempre aparecen “médicos” que saiban diagnosticar os males de España?

21/11/05

Galeguizando aínda máis

Sí, pódese galeguizar aínda máis. A nosa lingua, o galego, estase a usar ultimamente como instrumento político, e digo isto porque se alguén recorda a Avda. de Galicia, aínda non hai moito tempo que se chamaba así, agora, e supoño que xa hai un tempo pero eu non reparara niso, chamase Avda. de Galiza. É unha pena que a nosa lingua, tantas veces recoñecida pola Historia, se use agora como imán para votantes. Que queren conseguir con iso? Queren dividir o que non puido dividir o tempo, é dicir, a vila ribadense? Queren distinguir dous tipos de ribadenses, os de Galicia e os de Galiza? Ben, porque non reparamos en que todo esta demasiado galeguizado e ata aquí chegamos. Eu sempre fun de Galicia e o resto de galegos tamén. Entón, por que agora teño que ser de Galiza? A nosa lingua precisa volver ser aquela lingua de tódolos galegos e non só duns poucos. Se seguen ca idea de que dividindo se une aínda máis non chegarán moi lonxe. Se eles teñen as súas ideas, pois paréceme moi ben, pero que non nolas impoñan os demais. Eles que tanto aman a democracia quérenos impoñer a súa cultura, poderíase chamar fascismo cultural. A única maneira de unir é unindo e non separando.

18/11/05

ENCIGA

Pois ben, O XVIII congreso de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) vaise celebrar, e se o tempo ou o alcalde nono impide, no IES Porta da auga. Celebrarase durante a tarde deste xoves (17 de novembro), toda a xornada do venres (por mor diso non se impartira clase este día) e a mañá do sábado.Celebraranse conferencias, mesas redondas exposicións… “Que ben se vive cando se vive ben” diredes vós porque vacas os alumnos e vacas para os profesores, xa volve saír o nome do noso “omnipresente alcalde” aquí. O noso rexente gobernante, meterase nisto tamén?, terán que saltar os profesores tamén no instituto?, pintará o alcalde raias vermellas e brancas para ir dunha aula a outra? Deus queira que non.

Centro Comercial Pechado

Que tempos aqueles nos que as estradas eran rasas e non había que facer malabarismos para circular polas rúas de Ribadeo como se de corredoiras se tratase. Primeiro chegaron as bandas a cada lado dos pasos de peóns, logo os pasos de peóns vermellos e brancos que o alcalde nos regalou para que Ribadeo “non pase de moda” e agora as ramplas de pista de patinaxe que o alcalde, no seu máximo expoñente de amabilidade, nos deu, e por riba seguro que “de balde”. Todo isto para que para “favorecer” aínda máis ó Centro Comercial Aberto, iso era antes agora debe ser pechado. Cambios no sentido de circulación nas rúas, saltos, pasos de peóns máis coloridos, aumentos dos aparcadoiros (iso si, a costa do parque) e agora os pasos de peóns elevados isto non ten fin pero... a onde quere chegar este o noso alcalde? Entra todo acaso no seu plan divino para pechar o Aberto e abrir o pechado. Despois de todas estas reformas o alcalde xa pode dicir que fixo algo, se está ben ou mal non é competencia miña decidilo senón dos ribadenses.

Hollywood volve por nós.

Hoxe quero dar a miña desaprobación sobre unha producción de Hollywood, a película en cuestión xa se estreou no noso país hai unha semana. Teño que admitir que esta entrada xa é anacrónica, pero seguindo ca miña queixa... a película chamada “A lenda do Zorro continúa” (La leyenda del zorro continúa) dá dun xeito subliminar (non sei se este será o termo axeitado pero en todo caso tomádeo a modo de ironía) da Igrexa Católica en xeral e dos españois en particular. Amósase a un Imperio Español en decadencia que oprime ós habitantes das colonias americanas, na película só se fala de California pero dá a entender unha idea máis global, e que os escraviza. Nela o Zorro é o bo da película que está do bando dos bos, na película os Estados Unidos de América, que libra ó pobo de California dos “opresores” españois e lles axuda a formar parte dos E.E.U.U. A Igrexa Católica tamén ten un papel importante, pois o que actúa de malo di “matar en nome de Deus”. Que quede claro a idea que ten Hollywood de nós.

14/11/05

Google tamén está con nós

Xa está a nova entrada en google, para vela só tedes que escribir: "O outro Ribadeo" no buscador google. Se sodes tan vagos como para escribido pois clicade aquí.