23/4/07

Estación Espacial Internacional - II (3ª de hoxe)

Foime imposible avistala. É incrible a velocidade á que pasa (26.000 km/h), atravesa o firmamento antes de que chegues a velo. E iso que segundo a taboa hoxe era o día no que mellor se vía.

---------

Por certo, non me acordei de comentarvolo, entonte puiden escoitar o cuco por primeira vez. Sinal de cambio de tempo, como din os vellos: "chegou o vrao".

UPRI (2ª de hoxe)

Foto de grupo. Medra a competencia. O "mercado" enriquécese.




P.D. Que non sexa malinterpretado, non teño ningún interese en facerlles propaganda. Se o poño é unicamente porque resulta unha novidade, aos outros xa os temos moi vistos, é máis, as miñas conviccións ideolóxicas son a antítese dos grupúsculos ribadenses.

Estación Espacial Internacional - I

Data Mag ComezoMax. Altitude Fin
Hora Alt. Az. Hora Alt. Az. Hora Alt. Az.
23 Apr -1.0 22:34:25 10 NW 22:37:08 72 NNE 22:38:14 32 ESE
24 Apr 0.0 22:54:14 10 WNW 22:56:49 37 SW 22:57:15 34 SSW
25 Apr 1.6 23:14:48 10 WSW 23:16:16 13 SW 23:16:17 13 SW
26 Apr -0.2 21:58:39 10 WNW 22:01:17 44 SW 22:03:56 10 SE
27 Apr 1.6 22:18:54 10 W 22:20:40 16 SW 22:22:27 10 S

Hoxe poderemos ver dende Ribadeo, a súa contaminación lumínica non creo que no lo impida, a Estación Espacial Internacional e como hoxe, non de xeito tan luminoso, ata o venres. Nesta taboa indica todo o necesario. Farei algúns comentarios aclaratorios. Na columna Mag. indícasenos unha magnitude logarítmica, é dicir, canto menor sexa o número (podendo ser negativo) maior será, neste caso, a luminosidade. A altitude está en graos (0º é o horizonte; 90º, por riba das nosas cabezas). Az. é a orientación (por onde sae e onde se "pon"). Non creo que fagan falla máis aclaracións. Se me é posible tereivos unha sorpresa relacionada coa visión da Estación Espacial Internacional.

22/4/07

Reportaxe: Virxe do Camiño

Din algúns que unha imaxe (neste caso 5) vale máis que mil palabras. Outros casos son os do outro posible título para esta entrada: HIPOCRESÍA. Bótemoslle unha ollada a esta reportaxe fotográfica, feita con moitas ganas de polémica:

Estas dúas primeiras imaxes amosan o proceso de construcción - ou, mellor dito, reconstrucción - do Parque dos Indianos, esa altruística aportación do noso alcalde á estética ribadense. As pobres árbores están marcadas cun curioso código (xoga co verde e o vermello, e co X e o I), que da lugar a catro posibilidades, ainda non o desencriptei.












































Seguinte imaxe, a parte máis "fermosa" da rúa, non fai falla moito. Ata aquí todo "normal", pero non é senón co seguinte par de imaxes cando comprendemos o significado de HIPOCRESÍA, sorte de deporte oficial para a politiquería ribadense. Moi preto da anterior imaxe, vemos isto:






E logo xa temos a parte máis horrenda. Unha aunténtica vergonza, inadmisible. A anécdota que acompaña á toma da foto non ten nada de desperdicio. Un veciño que estaba cerca dixo: "¿Que vas a denunciar". Negueino e contestou: "Pues falta hacía". Poucas palabras que valen máis que mil imaxes. A noxenta imaxe:


20/4/07

De volta

Xa levaba algo máis de dúas semanas sen actualizar o blog, e xa lle tocaba.

Armado da miña nova cámara dixital fun a dar un paseo polos arredores da autovía, no tramo entre Vilaselán e Piñeira. Deixovos aquí con tres imaxes curiosas. Ahí vai a primeira, de presentación. Unha posta de sol vista a carón da autovía, unha plantación de farolas.

posta.JPG

Deixovos agora un par de imaxes, bastante contrapostas. A este formato de presentar dúas imaxes xuntas para comparar recurrirei bastante.

corr.JPG

Na primeira imaxe vemos a flora propia de Ribadeo, uns árboles normales. Un cadro fermoso. Nembargantes a segunda imaxe mostra unha flora máis actual, máis tecnificada, máis artificial e, como non, moitísimo máis fea. Son as desvantaxes do progreso.

farol.JPG

Dúas floras, dúas árbores: unha natural, outra artificial. Para rematar unha pregunta e unha foto: ¿chegará o día no que as dúas árbores utilicen a enerxía que nos dá o Sol para se alimentaren? A foto, algo que reafirma aínda máis o dito aquel que chama aos ribadenses señorito. Ribadeo, con aires de cidade grande, na cartela pon Ribadeo (sur) como cidade colosal.

cartelarib.JPG


P.D. Quizais teñen pouca calidade as imaxes, redimensioneinas despois de sacalas.

2/4/07

2º contraste de hoxe, 2ª entrada.

Hoxe no meu paseo do serán notei unha diferencia grandísima climática respecto dunha e doutra beira da autovía no tramo que pasa preto da rotonda de entrada oeste de Ribadeo, isto é, facendo publicidade, preto do Hotel 'Voar'. Nun día soleado coma hoxe, do lado de acó (sur) da autovía estase como se debería estar en calquer día de vrao; emporiso, trala autovía sopra o nordés e a diferencia é de moitos graos (cara abaixo). Poucos metros de diferencia, moita temperatura. Unha anécdota.

Contraste ribadense: arquitectura popular e arquitectura "moderna"

Póñovos aquí unhas fotos de arquitectura de Ribadeo. Para que vexades como cambiou a cultura galega polo embate do tempo, e doutros axentes externos tamén. Ademáis unha curiosidade que me gustou moito. Sen comentarios.












----
NOTAS:
Fotografía 1.- Arquitectura tradicional en Vilaselán.
Fotografía 2.- A mesma casa pero preto do hórreo.
Fotografía 3.- Outra casa labrega tradicional en Vilaselán.
Fotografía 4.- Casa actual, totalmente desacorde co estilo da zona, se mal non recordo estaba por Campoxurado.
Fotografías 5 e 6.- Casas de arquitectura moderna en Vilaselán, unha preto da outra e preto das dúas primeiras casas. Vemos o contraste.
Fotografía 7.- Casa de nova construción en Vilaframil.
Fotografía 8.- Esta é a curiosidade que vos quería amosar, unha casa de nova construción, de estilo tradicional e recuberta toda de símbolos celtas :D. Moi bonita, podedes vela en Piñeira, preto da Escola Vella.

31/3/07

Rematou todo



Onte pola mañá, rematou a XIII Feira da Ciencia e a Tecnoloxía. Anteriormente dixen a ver se podía poñer o cartel, póñovos un tríptico que ten o mesmo deseño e ten máis información. (Facendo click nas imaxes pódense ler as letras pequenas).

29/3/07

Curiosidade: El Ribadense


Vin isto na edición da Mariña do xornal 'La Voz de Galicia', pareceume curioso ver como nunhas cousas avanzamos tanto e noutras (cultura popular, seguridade cidadá, sentimento patrio, ideas xoves e socialistas...) quedamos como estabamos ou peor.

28/3/07

Dúas xornadas da XIII Feira da Ciencia

Xa van aló dous días da nosa Feira da Ciencia, falemos un pouco de cada unha. Na primeira, na inauguración, é de salientar a abraiante e admirable intervención do Excmo. ¿Señor? Alcalde de Ribadeo. Descoñecemos se se trabucara de evento e tiña pensado ir ás “XIII Xornadas Técnicas de Automoción” – cita literal – ou sinxelamente era froito do grande interese que ten ese rexedor noso polo seu pobo, eso que algúns chamaron hipocresía. Logo falaron o director – cun discurso (lido) máis axeitado para un editorial dun xornal que para ser dito – e o delegado provincial de non sabemos que, supoñamos que de educación. Os dous “representantes do pobo” fóronse en canto puideron, quedou eso si o tenente de alcalde primeiro, o que demostra que este último ten moito máis saber estar que o seu superior, e digo esto aínda que non comparta moitas posturas con el.

Despois de todo isto veu unha conferencia sobre metroloxía (medición), ciencia que descoñecía completamente, que se ben comezou resultando interesante acabou cansando pois estendeuse moito.

Fomos todos aos nosos postos a explicar os proxectos e iso foi o que fixemos tamén hoxe. Citarei algúns dos que fixemos os do noso grupo que a min me gustaron:

- Capacidade pulmonar

- A botella fumadora

- Anatomía do corazón e aparello circulatorio (ámbolos dous con mostras reais de corazóns)

- Actuación do diafragma durante a respiración.

- Traballo de divulgación científica sobre o Polonio (persoal)

- Composición da auga

- Solubilidade (CuSO4 e NaCl)

Hai algúns mal, supoño que tempo despois de rematar a Feira se colgarán na páxina do instituto.