17/3/07

Memoria histórica en Ribadeo

Unha persoa recomendoume o outro día olla-lo xornal “El Progreso”. Sorprendinme, ou non tanto, ao ver que seguían ás voltas cos fusilados ribadenses na última contenda que se deu en chan español. Paréceme moi ben que se rece e se recorde a tódolos mortos, sexan da cor que sexan. É obvio que, nesa guerra que uns chaman civil, outros máis descarados incivil, e algúns Cruzada, cometeronse en moitos casos tremendas barbaridades, por parte dos dous bandos. Como dixen, merecen ser recordados os mortos, pero cando se perzonaliza ou, aínda peor, se politiza é xa inadmisible. Se queredes ve-lo artigo podedes velo na páxina do progreso. Por certo, recordame a un pregón de Ribadeo, non sei de que ano, no que tamén se recorda a estes mortos, pero dun xeito peculiar.

Cambiando de tercio, xa comeza a recta final cara a Feira da Ciencia e a Tecnoloxía, non recordo a edición. Para rematar, o cartel, un horror. Se o podo amosar amosareino.

19/2/07

Unha entrada que chega atrasada - Antroido chuvioso

Chove en Ribadeo estes días. Chove, e parece que non escampa. Auga, facer fai falla. Auga para lava-la sucidade das rúas ribadenses. Auga para lava-la sucidade política de Ribadeo. Auga para lava-los erros. E auga, tamén, para espelir a algún.

En fin, auga fai falta moita. Tanta fai falla que, inda con todo o que choveu, nada lavou. Mais, ao igual que cae a auga, namentres escribo, tamén cae a noite en Ribadeo.

15/2/07

Pinchazos ou, cómo ter unha vila insegura sen ter que pasar pola universidade?

Segundo oín entre 10 en 20 automóbiles, seguramente dezasete quedaron coas súas rodas desfeitas. De quen é a culpa? Da sociedade? Do goberno? Dos medios de desinformación masivos? Pois un pouco disto e un pouco destoutro.

A sociedade, por ser permisiva e por que non dicilo liberal. Os gobernos, por lavarse as mans. Por certo, un inciso, creo que con tanto lavarse as mans xa superaron os 60 litros/día. E os medios de desinformación por venderse ao diñeiro. Ah o sucio ouro.

Moito ollo, con isto do goberno, non pretendo favorecer a ningún dos partidos existentes, empeorando a situación do que está “gobernando”. Pois incompetencia é o que sobra no país.

Sobre a segunda oración do título, pois non sei. Non lle busquedes a dificultade é moi sinxelo. Gostoume iso, e pareceume provocador. En por iso, púxeno. Como todos sabedes eu xamais ousaría dubidar da capacidade intelectual e da cultura do noso amado “representante do pobo”. Xamais me expoñería a ser tratado de reaccionario.

E así transcorre en Ribadeo unha xornada normal, cada unha tanto ou máis insegura que a precedente. Só cabe preguntarnos: cal será a derradeira?

---


Por certo engado ás ligazóns o blog Ribadeando. Xa me esquecía de poñelo :-D.

13/2/07

De xogos e ciclos

Señores, seguimos co xogo democrático. 4, nada máis e nada menos que 4 partidos. 4 "encarnizados" bandos en Ribadeo. Por se non estaba abondo divididos os habitantes ribadenses, os señoritos pasan a ter unha nova opción. O que, usando un simil económico, "aumenta a competencia e rebaixa os prezos".

O 4 é un número cíclico. 4 son as estacións, cada catro anos é bisesto, 4 son as esquinas dun cadrado, etc. Será isto un agoiro? Traerá isto o peche dun ciclo en Ribadeo? Que virá logo deste ciclo democrático, un novo renacer ribadense - e por que non - galego i europeo?

Ben, a sorte está botada. Vostedes teñen as súas opcións delante. Fagan xogo, señores, pero non esquezan que - e en democracia inda máis - a Banca (si, con maiúsculas) sempre gaña.

1/2/07

Sendeirismo por Ove - Francisco Lanza

  • Distancia a percorrer: 11 km.
  • Saída: 11:30. Aparcadoiro municipal.
  • Regreso: 16.00
  • Día: este sábado

26/1/07

Dúas recomendacións: película e poema

Recomendáronme recentemente a nova película de Mel Gibson (Apocalypto). Cada vez me gosta máis o que fai este home, a expresión dos valores cristiáns e europeos, aqueles que xa case ninguén lembra, e xa de seu. Como ata agora non a puiden ver, cando a vexa fareivos un pequeno comentario sobre ela.

Xa vai logo un mes que lin un poema que me gostou moito, trátase do poema "A' Galicia" de Joan Manoel Pintos. Boísimo. Tamén lle botei unha ollada ao libro "A Gaita Gallega", do mesmo autor.

Ligazóns
A' Galicia - J. M. Pintos -- Biblioteca Virtual Galega
A Gaita Gallega - J. M. Pintos -- Biblioteca Virtual Galega

7/12/06

É de lei

É de lei obedecer a ésta. É de lei e, ademais, de Perogrullo. Fíxome moita graza poder ver un cartel deses de "espazo sen fume". Non quero lembrar o lugar onde estaba situado. Nin tampouco intentar saber de quen foi a culpa, se foi da administración sería catastrófico. Dicía o cartel:

Respetar los espacios sin humo es de ley.

Respeta-los espazos sen fume ES DE LEI.

ESPAZO SEN FUME


Se isto fose por mor da administración que redactou mal o papel deberíamos preguntarnos: Qui prodest? Aos galegos non, dende logo.

Isto non é tan grave se lembramos de novo que as patrias xa non existen, que é cousa propia de "burgueses", xente - segundo din - perversa, sen escrúpulos e vendida ao diñeiro.

3/2/06

Ría do Eo?

A metedura de zoca do "Excmo. Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño" merece o calificativo de atentado lingüístico. Tan grande foi o erro que ata o noso Sr. Alcalde se molestou en facer algo. Por qué diría ría do Eo? Terá que rendir contas a Areces? Sen embargo eu non estou molesto polo que dixo ou fixo ese señor pois a súa opinión produce en mín o mesmo efecto que as tertulias da prensa rosa: impasibilidade. Pero aínda así a ousadía do Sr. Presidente foi grande. Ben, espero que non se volva a repetir. Ah, que se me esquecía: xa temos 400 visitas pulsa aqui para comprobalo

19/1/06

Unha pequena aclaración: xa acadamos as 325 visitas. Dou gracias a todos aqueles que, aínda sendo poucos, seguen apoiándonos. Para comprobar as estadísticas

5/12/05

Tanto monta…

“Tanto monta, monta tanto Balbino como Fernando”, bonito slogan para a seguintes eleccións. Isto, por se alguén non o recorda, era a mensaxe que rezaba unha pancarta colocada no Entroido do 2004, o Entroido seguinte ás pasadas eleccións. O dito moi descamiñado non vai e agora que están de moda iso das coalicións, tamén se poñerá de moda o dito? Dende logo a comparanza de Balbino e Fernando con os Reis Católicos é unha atrocidade. Entón, segundo isto, Fernando sería, Fernando II; Balbino, Isabel I e...quen sería Xoana a Beltranexa? quizais Andina? Se Balbino e Fernando (chamareilles de aquí en adiante: os católicos), se os católicos son como a auga e o chapapote, por que insisten en rebaixar a “crispación política”? Dende logo... pero,quén manda aquí?